IFEVI

Información Xeral de Vigo

Siuada no sur de Galicia, na ría que lle dá nome, a cidade de Vigo é o maior foco de concentración económica e urbana dunha mancomunidade de case medio millón de habitantes. Vigo constitúe un punto de converxencia dos fluxos económicos da Eurorrexión Atlántica e representa un eixo determinante nas relacións co norte de Portugal, unha situación reforzada grazas a unha excelente rede de comunicacións.
Cíes
O dinamismo industrial da cidade fixo posible encabezar na actualidade o ránking das cidades galegas con maior índice de negocio. Vigo é, ademais, destino para un turismo de calidade que chega á cidade en transatlánticos internacionais.
Vigo 2
Cosmopolita e dinámica, a cidade olívica conta cun dos portos marítimos máis importantes do mundo. Enclaves de exquisita beleza (Illas Cíes, areais e praias, miradoiros naturais,...) constitúen, pola súa calidade infraestructural e de servizos, un dos maiores reclamos para descubrir un contorno único. Con marcada identidade propia, a ampla oferta cultural, gastronómica, deportiva e de lecer que ofrece a cidade constitúe, sen dúbida, a mellor garantía para o desenvolvemento integral dunha oferta turística de calidade.
Constitución
Próximos Eventos...
Retroceder un mesSetembroAvanzar un mes
L M Me X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Descargar Listado Anual de Eventos
VIGOLANDIA
MUESTRALO 2009
MARVA
:: Avda. do Aeroporto, 772 :: Cotogrande :: 36318, Vigo :: Pontevedra ::
:: Tlf. +34 986 486 144 :: Fax. +34 986 486 071 :: info@ifevi.com ::